BENVIDOS A
ARTABROS CROSSFIT

CrossFit Journal: The Performance-Based Lifestyle Resource

coñece artabros

ARTABROS CROSSFIT

Artabros é o centro Crossfit de referencia na Coruña e a súa área metropolitana dende o 2014. Como box de referencia no norte das nosas terras, contamos cun equipo dedicado ao 100 % e respectado tanto didáctica como atleticamente no panorama nacional. Non somos un centro deportivo máis, non somos un ximnasio ao uso. Estamos especializados en mellorar a vida e estado físico de todas aquelas persoas que confían en nós. Formamos unha Comunidade onde, do primeiro ao último, todo o mundo se sente apoiado e respectado. Adoitan preguntarnos por que non facemos publicidade. As propias persoas que acoden a nós, os seus resultados, satisfacción e benestar falan por si mesmos. Eles son a nosa única publicidade e seguramente estás aquí aconsellado por eles. Vén probar gratuitamente unha das nosas clases e descubre a razón pola cal quererás quedar.

comunidade artabros

Descubre a nosa comunidade

¿Sabes esa sensación de sentirte na casa? Para nós é algo intrínseco ao noso día a día. Non entendemos a actividade física se esta non se realiza nun ambiente motivador, desafiante mais seguro. Entre todos creamos un punto de encontro onde todo o mundo coñece o teu nome, te respecta e impulsa a conseguir a mellor versión de ti mesmo. Man a man, paso a paso.

Icono Instagram

Descubre os nosos mellores momentos en Instagram

Icono Facebook

Síguenos en Facebook

Icono de Facebook

Síguenos en Facebook

Icono a Facebook

Síguenos en Facebook

VISITOR FRIENDLY

Estás na nosa cidade e queres visitarnos? Nós encantados! Non só ofrecemos a posibilidade de que compañeiros doutros boxes de CrossFit nos visiten, senón que é algo do que adoitamos ter a sorte de gozar. Contacta connosco con antelación, mencionando canto tempo levas practicando o noso deporte e desde onde nos visitas, a través dos nosos perfiles de RRSS ou correo electrónico. Dese xeito, poderemos xestionar a túa chegada da mellor maneira posible. Drop In: Vés só 1-2 días? Tráenos unha camiseta do teu box e adestra gratis! Vés máis de 2 días? Escríbenos a info@artabroscrossfit.com

Camisetas oficiales de box amigos de oficial de Ártabros CrossFit A Coruña

AS NOSAS CAMISETAS

Todos os membros da nosa Comunidade mostran as súas camisetas con orgullo por onde queira que vaian. A diario, nas súas vacacións e/ou aventuras. Por esta e outras razóns, periodicamente renovamos os nosos modelos exclusivos. Pregúntanos e non quedes sen a túa!
#OrgulloArtabro

Ejemplo de camiseta oficial de Ártabros CrossFit A Coruña

equipo técnico

Os nosos adestradores

O noso equipo técnico confórmase exclusivamente de profesionais ampla e debidamente formados no mundo das actividades físico-deportivas. A súa extensa formación e experiencia contrastadas son seguro de calidade e profesionalidade. Somos esixentes, comprensivos e infatigables. Ensinar e transmitir a paixón por aquilo que facemos é a nosa motivación constante. O único trato aceptable é o sinónimo de excelencia.

Fotoretrato de Headcoach, Telmo Cillero

CrossFit Level 3


- Grao en Psicoloxía
- Máster Universitario de Psicoloxía
do Deporte e da Actividade Física
- Specialty CrossFit Trainer: Weightlifting,
Strongman, Gymnastics, Mobility.
- Endurance, Specific Sport
Application, Competitors.

TELMO CILLERO | Headcoach

Fotoretrato de entrenador, Pablo Rodríguez

CrossFit Level 2


- Grao Ciencias da Actividade
Física e do Deporte.
- CrossFit Gymnastics Trainer
- Quiromasaxista Terapéutico

PABLO RODRÍGUEZ | Coach

Fotoretrato de entrenador, Matteo Scalco

CrossFit Level 1


- Grao Ciencias da Actividade
Física e do Deporte.
- Máster en Ciencias do Deporte
e da Prestación Deportiva
- CrossFit Gymnastics Trainer

MATTEO SCALCO | Coach

Fotoretrato de entrenador, Eneko Sertucha

CrossFit Level 1


- Licenciatura en Ciencias da
Actividade Física e do Deporte.
- Especialización en Didáctica das
Actividades Físicas e Deportivas.
- Adestrador oficial

ENEKO SERTUCHA | Coach

instalacións

O noso equipamento

Artabros conta con 800m2 de puro CrossFit. Un espazo diáfano, amplo e sen barreiras con tres zonas perfectamente diferenciadas onde realizar os distintos adestramentos, coidadosamente deseñados e programados, que se levan a cabo día a día baixo a atenta ollada do equipo técnico. O noso rol actual como centro de referencia empúrranos a mellorar e ampliar, de xeito constante, o equipamento e instalacións cos que contamos. Dentro destas catro paredes atoparás todo o material específico e xeral que poidas agardar dun box de CrossFit, desde as máquinas de acondicionamento máis novidosas, pasando por elementos clásicos como os balóns medicinais, barras de levantamento ou argolas de ximnasia.

Silueta de Assault Bike

Assault Bike

Fotografía de Assault Bike

As nosas bicicletas Assault Bike son o mellor que ofrece o mercado do CrossFit. Foron deseñadas por un equipo de enxeñeiros en constante feedback con afeccionados, clubs, adestradores, fisioterapeutas e profesionais do del fitness. O seu funcionamento está baseado na resistencia ao aire: canta máis forza apliquemos, maior será a resistencia da bicicleta. Como non hai dous atletas iguais, as posibilidades de personalización e tipos de adestramentos son infinitas. í o queimagraxas perfecto.

Silueta de barbell

Barbell

Fotografía de Barbell

Contamos con diferentes variedades de barras en función do seu tamaño e o seu peso, desde a de iniciación ata as de levantamento olímpico. Coloridos, fáciles de colocar e resistentes, os nosos discos tamén ofrecen múltiples posibilidades de peso. Trátase de material empregado polos mellores profesionais de halterofilia e fabricado polas mellores marcas do mercado.

Silueta de kettlebell

Kettlebell

Fotografía de Kettlebell

Esta pesa de forma curiosa leva baixo o sol desde o século XVIII. Grazas á súa ergonomía, a kettlebell ou pesa rusa permite movementos áxiles e flexibles mentres a erguemos. Isto achega riqueza aos exercicios que podemos realizar con ela e convértea na ferramenta ideal para tonificar e fortalecer a nosa musculatura sen perder flexibilidade.

Silueta de medball

Medball

Fotografía de Medball

Os balóns medicinais, a pesar do seu nome, son un dos complementos de adestramento máis divertidos cos que contamos. Poderás lanzalos á parede, pasarllos a un compañeiro ou compañeira para quentar ou simplemente usalos como reforzo de peso nos teus exercicios. Temos unha ampla variedade de pesos para que poidas escalar os teus progresos e mellorar aos poucos.

Silueta de remo

Remo

Fotografía de Remo

As máquinas non son algo que nos guste moito en CrossFit, por iso, as poucas que usemos deben ser as mellores para adestrar. Ese é o caso do noso remo Concept2. Aínda que o ideal sería poder saír a remar verdadeiramente, grazas á calidade deste remo indoor beneficiaraste dun adestramento cardiovascular profesional e de alto rendemento.

Silueta de anillas

Argolas

Fotografía de Anillas

Cando entres no box, verás múltiples argolas de madeira que oscilan tranquilas. Son un artigo básico de adestramento con CrossFit. Aínda que na túa iniciación terás que pelexar un pouco con elas, axiña verás que non hai mellor xeito de potenciar a nosa forza e a coordinación.

Silueta de Ambat

Abmat

Fotografía de Abmat

Se ao entrar no box non atopas a máquina ou o banco de abdominais, deixa de buscar. En Ártabros, o único utensilio que te fará compañía durante os teus exercicios abdominais será o Abmat. Trátase dunha peza acolchada que axuda a manter a postura axeitada durante diversos exercicios. Así maximízase a súa eficacia e minimízase o risco de lesión.

Silueta de SkiErg

SkiErg

Fotografía de SkiErg

O SkiErg permite un estímulo de adestramento rítmico eficiente que promove o aumento da forza e resistencia dun xeito único. Cada vez máis presente nos mellores boxes de CrossFit, o seu baixo impacto articular e versatilidade convérteno nunha ferramenta fundamental para complementar un WOD.