A nosa metodoloxía componse de movementos sinxelos e complexos, o cal resulta nunha mestura de multitude de técnicas de exercicio físico. Os movementos e adestramentos son escalables e adaptables a todos os niveis, mais ás veces poden resultar intimidantes desde fóra. Por iso ofrecemos a oportunidade de concertar unha clase de adestramento persoal cun dos profesionais que conforman o noso equipo para realizar un formato de aprendizaxe previa que denominamos «Curso Basics de Iniciación». Nesta formación dotaráseche de ferramentas e coñecementos para realizar os exercicios de xeito adecuado, progresivo e cunha introdución paulatina da intensidade cando te incorpores ás clases regulares.
The Torque Program trátase dun programa de Preparación Física Específica (PFE) deseñado para aqueles atletas que busquen enfocar o seu adestramento ás demandas e esixencias das competicións de CrossFit. A diferenza coas nosas clases regulares estriba na súa natureza, compartindo con elas a súa calidade única. Non deixes escapar a oportunidade de espremer o teu lado máis competitivo.
As sesións de Mobility están centradas no traballo de liberación miofascial, flexibilidade, saúde articular e, en definitiva, achegar ferramentas para manter o corpo humano nun estado óptimo ante as necesidades da práctica deportiva. En palabras de Kelly Starrett, gurú da mobilidade de CrossFit, creador de M|WOD e autor de The Supple Leopard (entre outros):
«Todo ser humano debería ser capaz de realizar un mantemento básico no seu propio corpo».
Os movementos executados co noso propio peso corporal son a base sobre a que cimentar o resto das nosas habilidades. í por iso que o programa de Gymnastics é unha oportunidade excelente para mellorar todos aqueles exercicios ximnásticos utilizados nas nosas clases regulares de WOD, dos máis sinxelos aos máis esixentes. Axiña poderás superar retos como facer a vertical ou subir ás argolas a capricho.
Sesións de adestramento persoal cun dos nosos adestradores. Solicita esta opción cara a cara para traballar debilidades, fomentar o desenvolvemento de novas habilidades e gozar dunha atención 100 % focalizada naquelas facetas que queiras desenvolver.