Calquera persoa que teña a motivación e a ilusión para iso. A natureza funcional, completamente escalable e adaptable ás características individuais, permite que incluso aqueles con diferentes limitacións e doenzas poidan practicalo sen risco.
As diferenzas principais non só estriban na metodoloxía de adestramento, senón no ambiente, calidade da ensinanza e atención. As nosas clases están limitadas a un máximo de vinte persoas, onde dous adestradores expertos se preocuparán de guiarte durante toda a sesión, desde o primeiro ao último minuto. Cada exercicio, número de repeticións e WOD está seleccionado dun xeito minucioso para conseguir os mellores resultados.
En primeiro lugar atoparás os nosos adestradores cualificados e altamente preparados, tamén un grupo de compañeiros dispostos a apoiarte dentro dun ambiente motivador único. En segundo lugar, coñecerás o WOD e que exercicios o compoñen durante a detallada explicación do día. Non hai nada mellor para coñecer do que falamos que experimentar unha das nosas clases de proba, completamente gratuítas.
Se de algo estamos orgullosos no noso centro é da capacidade que temos para evitar que os nosos membros se magoen. Hai un axioma que se cumpre categoricamente, e é que a formación integral dun adestrador maximiza os beneficios e minimiza os riscos. Descubre por que hai tanta xente que confía en nós.
Aínda que seguramente isto depende do tipo de lesión, son moitos os compañeiros con doenzas crónicas ou que foron operados de algunha lesión no pasado que participan diariamente nos nosos adestramentos. O noso equipo multidisciplinar axudarate a resolver todas as túas dúbidas e superar os medos que poidas ter en función da túa situación actual.
Isto é clave. Só aqueles centros que contan coas certificacións oficiais de CrossFit e pertenzan ao grupo de afiliados poden ofrecer este tipo de adestramento. Non satisfeitos con iso, en Artabros CrossFit só atoparás adestradores con estudos superiores, amplamente educados e en formación continua. En definitiva, un equipo dificilmente igualable.
Non aceptes imitacións, a calidade da nosa ensinanza é garantía da túa saúde e seguridade.
Na seguinte ligazón podes atopar o mapa oficial de afiliados de CrossFit. Nel podes consultar se están tentando enganarte ou non: https://map.crossfit.com/
Non. A diferenza das rutinas de exercicio dos ximnasios comúns, o WOD está especialmente deseñado para que traballes o corpo dun xeito completo. Por iso contamos con diversas opcións de subscrición en función do teu nivel de compromiso e dispoñibilidade horaria. Porén, non podemos asegurarche que despois de comezar non desexes ir a diario para non perder ningún dos nosos WOD. O CrossFit en Artabros namora.
A resposta é non. É certo que ter unha base física te axudará á hora de incorporarte ás primeiras clases ás que asistirás. Porén, todos os exercicios son escalables e adaptables para que desde un atleta de elite a unha persoa sedentaria poidan compartir clase e progresar do xeito adecuado. Se nunca fixeches deporte e queres comezar a estar en forma, Artabros CrossFit é o teu sitio.
Si, tanto reducir como aumentar os teus días de asistencia. Só terás que avisarnos antes do día 20 de cada mes. Deste xeito poderemos xestionar o cambio ao teu desexo.
En CrossFit xéranse corpos equilibrados e verdadeiramente en forma. Un bo ton muscular é parte do proceso, mais isto non ten relación co volume dos mesmos. Non só existe unha predisposición xenética dentro de cada sexo, senón que mentres no caso dos rapaces os diferentes grupos musculares tenden a desenvolverse tamén en volume, nas rapazas isto non sucede do mesmo xeito debido ás diferenzas hormonais entre ambos xéneros. De igual xeito, os WOD poden ser adaptados en función dos teus obxectivos.
Seguir uns hábitos de comida saudables permite, xunto co adestramento, uns mellores resultados. Non só á hora de verte e sentirte mellor, senón de saúde e desempeño deportivo. É por iso que o noso equipo sempre estará encantado de axudarte e orientarte á hora de complementar os teus adestramentos cunha dieta axeitada.
Axilidade, resistencia e forza son precisamente tres das capacidades físicas que traballamos en CrossFit. Nas nosas clases nunca sufrirás «demasiada intensidade» grazas ás pautas dos nosos adestradores e a que estas irán marcadas en base á túa capacidade.
Non. Grazas ás constantes indicacións e correccións dos nosos adestradores, desde o Curso Basics ás clases regulares, aprenderás a técnica necesaria para executar os movementos sen problemas. Non precisas saber de CrossFit, nós ensinámoscho.
Nese caso, o teu adestrador escalará o WOD para que se adapte á túa capacidade individual. «Non podo» é algo que non existe dentro das nosas catro paredes.
Os CrossFit Games son unha competición internacional de CrossFit onde participan os homes e mulleres máis en forma do mundo. Cada ano, nos EE. UU. póñense a proba os límites e capacidades físicas de todos os seus participantes, nunha serie de eventos que supoñen «os xogos olímpicos de CrossFit».
O Open de CrossFit é unha competición previa aberta a todo aquel que queira participar. Durante cinco semanas, CrossFit HQ publica un WOD que terás á túa disposición en Artabros e no cal un dos nosos adestradores tomará os teus resultados e validaraos na plataforma en liña habilitada para iso. Os finalistas no Open conseguen un pase para Regionals e, de aí, unha vez superadas esas novas probas, unha praza para os Games.
Mellorarás todas as túas capacidades físicas e composición corporal, ao tempo que despexas a túa mente do estrés diario e reforzas a túa autoestima. CrossFit é un deporte revitalizante que te fará sentir mellor en moitos sentidos. Se queres coñecer algunhas experiencias, podes consultar as nosas redes sociais na sección da Comunidade de Artabros.
CrossFit é probablemente o mellor sistema para acadar o teu peso ideal. Non se pode asegurar xenericamente unha perda de graxa nun tempo concreto. Desconfía de quen o faga. O peso que perdas dependerá do teu estado físico, metabolismo, rutina de adestramento, dieta, xenética… En definitiva, de moitas variables que entran en xogo ademais do CrossFit. O que podemos asegurarche é que se acodes regularmente a Artabros e levas unha vida sa, conseguirás os teus obxectivos e manter un peso saudable para o teu organismo.
Si. Non só nos permite establecer unha base sobre a execución, mecánica e técnica dos movementos fundamentais do noso deporte, senón que achega unha información moi valiosa ao noso equipo sobre o teu estado inicial. A excelencia que perseguimos coa nosa ensinanza e a súa calidade única só se acada dándolle importancia a todos os detalles e centrándose de xeito individual en cada unha das persoas que confían en nós.