CrossFit é o sistema de acondicionamento e forza por excelencia onde se levan a cabo movementos funcionais, dun xeito constantemente variado e executados a alta intensidade. Contamos cunha programación coidada ao milímetro onde, a través de movementos con obxectos externos, movementos ximnásticos ou de propio peso corporal e monoestruturais (correr, saltar, remar…), acadamos unha mellora da condición física única, adaptándonos a todos os niveis. O CrossFit de Artabros é irrepetíbel.
O CrossFit é unha disciplina de traballo global. Isto implica que nos axuda a mellorar e perfeccionar todas as capacidades físicas humanas. Non só notarás unha grande evolución dentro do box, senón na túa saúde global e actividades cotiás. Aqueles con experiencia deportiva potenciarán a súa condición física ao máximo expoñente e pulverizarán as súas debilidades. Todo iso nunha contorna competitiva, dinámica e profesional. Para aqueles que comezan, as portas abriranse de xeito progresivo para amosar un escenario único. Sempre escalando e adaptando os movementos de xeito seguro e rigoroso, onde o ceo é o límite.
Mellorarás a túa capacidade de movemento e o tempo de transición dunha posición a outra será menor.
Aumentarás a túa capacidade para combinar varios movementos nun único e distinto.
Terás unha maior facilidade para controlar o centro de gravidade do teu corpo con relación ao punto de soporte.
Conseguirás que as túas articulacións maximicen a amplitude dos seus movementos.
Mellorarás a capacidade que teñen os teus músculos á hora de realizar un traballo.
Os teus músculos traballarán máis rápido.
Terás un maior control sobre a dirección e intensidade dos movementos do teu corpo.
Mellorarás a túa capacidade cardiovascular e tamén metabólica, o que permite que o corpo aproveite ao máximo a enerxía que procesa.
Aumentarás a túa capacidade para realizar un mesmo movemento repetidas veces nun período de tempo determinado.